“… o valor, o carácter, as ideas, falas, costumes… son Lendas Douradas”
Curros Enríquez
“Teño a convicción de que existen Lendas Douradas, gravadas no subconsciente de cada un de nós, nun proceso fraguado de xeración en xeración ao vivir en simbiose co entorno que habitamos, impregnados así da súa esencia.
Xacen as Lendas Douradas no pensamento colectivo e florecen irremediablemente para cuñar e por marchamo a cada unha das nosas obras, delatando a nosa orixe de xeito involuntario.
Así, tal como unha árbore toma nutrintes da terra e os converte en froito, o músico asimila o valor, o carácter, as ideas, falas e costumes dun lugar para proxectalos en forma de sons.”
Roi Casal, 2008